Ferrari 735 S

Ferrari 735 S
Ferrari
Información
País Italia
Fabricante Ferrari
Produción 1953 3 unidades
Sucesor
Carrozaría
Motor 4 cilindros en liña e 2941 cc
Potencia 225 cv a 6.800 rpm
Longo
Largo
Alto
Peso 750 Kg.
Tracción Traseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades
Suspensión Independente dianteira, traseira ponte de Dion
Freos Tambor nas 4 rodas
Prestacións 240 Km/h
Pneumáticos 16 polgadas
Outros datos
[1]

O Ferrari 735 S foi fabricado no ano 1953 co obxectivo de experimentar novas solucións de deseño para triunfar nas estradas. Destacábase pola súa pequena carrocería liviá e un motor 4 cilindros. Basicamente, o Ferrari 735 S diferénciase doutros Ferrari polo seu pequeno tamaño, baixo peso e o motor 4 cilindros. Tan só se fabricaron 3 exemplares do 735 S, todos utilizados en carreiras.

O resultado final non foi óptimo pero a proba serviu para comprobar que esta nova xeración de vehículos funcionaba ben (especialmente os novos motores 4 cilindros) e tiña un gran potencial.

A carrocería do Ferrari 735 S foi deseñada pola empresa italiana "Carrozzeria Autodromo" especialmente para as carreiras. Cun deseño tipo Barchetta, os deseñadores foron astutos ao concibiren este vehículo con beirís moi curtos e luces embutidas con vidros que as encapsulaban para mellorar a aerodinámica.

A silueta curva, a grella pequena situada baixo a trompa e o pequeno parabrisas que impedía que o vento impactase directamente no rostro do piloto evidenciaba un traballo cauteloso e intelixente por parte dos deseñadores.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in